Canto me descontan da nómina polo MEI; o novo imposto que entrou en vigor en xaneiro?

O Mecanismo de Equidade Interxeracional ou MEI é un imposto creado para repartir o custo das pensións entre a poboación traballadora. Aplícase, por tanto, para compensar o incremento do gasto e encher a caixa das pensións.

Na práctica, supón unha cotización adicional do 0,6%. Isto significa que a empresa deberá descontar do salario bruto de cada persoa un 0,1% e estará obrigada a pagar o 0,5% restante por cada membro do seu persoal. Nun salario bruto de 2.000 euros suporían uns 12 euros ao mes, dous pagaríaos o traballador ou traballadora e 10 a empresa.

No caso das persoas autónomas o novo esforzo contributivo é duns 5 ou 6 euros mensuais.

Se tes máis dúbidas, podes preguntarnos a través do formulario do Igape Responde.

Categorías: Coñecemento.