Cal sería a pasarela de pago máis axeitada para o meu negocio?

Depende do lugar no que vendamos, de se temos tenda en liña nalgunha das plataformas habituais…  Normalmente, para tomar a decisión, hai que facer números: saber o volume de vendas, o prezo medio de venda e a partir de ahí é máis fácil decantarse por un ou outro.

Case todos son fáciles de integrar e ofrecen funcionalidades similares. Hai que ter en conta se vendemos ao estranxeiro os provedores de pago adoitan ter comisións máis baixas que os TPV virtuais. Hai que valorar todas esas cuestións.

Podes volver a ver o evento virtual no que falamos deste asunto.

Se necesitas asesoramento neste ámbito, solicita, sen custe a través do formulario do Igape Responde. 

Categorías: Coñecemento.