A que se lle denomina taboleiro Kanban?

É unha ferramenta áxil de xestión de proxectos deseñada para axudar a visualizar o traballo, limitar o traballo en curso e maximizar a eficiencia (ou o fluxo).

Baséase nun panel, dividido en columnas, cada columna representa un posible estado das tarefas e podemos poñer tantas como queiramos, aínda que o normal é traballar cun número que oscila entre 3 e 5, sendo o esquema máis básico o que corresponde aos estados «pendente», «en execución» e «terminado».

Se necesitas asesoramento, sen custe, para o teu negocio neste aspecto, só tes que solicitalo a través do formulario do Igape Responde.

Categorías: Coñecemento.