A que se lle chama leasing?

O leasing ou arrendamento financeiro é unha forma de financiamento a longo prazo que consiste na cesión por parte dun financiador á empresa dun ben (é moi utilizado para adquirir, por exemplo, vehículos) a cambio dunha cota periódica, cuxo montante total é normalmente o valor do obxecto cedido máis os intereses e gastos derivados.

Frecuentemente, os contratos de leasing contemplan a posibilidade de compra do ben unha vez finalizado o contrato, a cambio do valor residual do mesmo.

A principal vantaxe é que permite á empresa dispoñer do ben sen ter que facer un gran desembolso inicial nin sacrificar as posibilidades de produción que o ben permite, mentres que a empresa que financia obtén rendementos, pero, ao conservar a propiedade do ben ata o final do contrato, dispón sempre dunha certa garantía.

Se tes máis dúbidas, podes consultarnos a través do Igape Responde. 

Categorías: Coñecemento.