Xerar novas fontes de ingreso no meu negocio. Que camiño podo seguir?

O programa Responde ofrece asesoramento gratuíto no ámbito de negocio a pemes, persoas autónomas e emprendedoras que queiran xerar novas fontes de ingresos,  captar e fidelizar clientes ou aumentar a súa presenza en medios dixitais.

A incerteza na que se atopa somerxida a sociedade actual veu dada nun primeiro momento pola crise que provocou a COVID-19, creando un novo escenario para os negocios. Neste 2022, este estado viuse agravado pola situación xeopolítica e a inflación, creando novas necesidades para as empresa e os autónomos polas novas formas de consumo.

Neste contexto xorde a nova edición do programa Responde, co obxectivo de continuar favorecendo a recuperación da actividade económica de Galicia, ofrecendo asesoramento en liña e gratuíto para mellorar a situación económica ou operativa na que se atoparon.

No ámbito de Negocio, as consultas clasifícanse en 3 temáticas máis específicas:

 

Reorientación do negocio

O obxectivo desta temática é xerar novas fontes de ingresos a través de accións concretas, como establecer novos acordos comerciais, aproveitar mellor as capacidades e recursos internos ou identificar novos segmentos de clientes ou canles de venta.

Reconfiguración da oferta comercial

Esta liña céntrase en reter aos clientes e captar outros novos mediante a adaptación, modificación ou introdución dos servizos ou produtos que se ofrecen ou a implementación de novas condicións de pago, así como coñecer as pautas de consumo dos nosos clientes para mellorar a súa experiencia.

Promoción en liña

A terceira temática está enfocada nas ferramentas dixitais. Inclúe accións como o deseño e lanzamento de campañas de promoción en liña, apoio na creación da web ou a incorporación de produtos a plataformas de venta en liña, así como o análise e mellora da súa presenza en redes sociais.

Se es unha peme, unha persoa autónoma ou emprendedora e tes dúbidas ou precisas axuda, podes solicitar asesoramento no ámbito de negocio, sen custe, a través do formulario de Igape Responde.

Categorías: Artigos.