O programa Responde, impulsado pola Xunta a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), conta nesta nova edición cun ámbito adicado ao Emprendemento, coa finalidade de orientar nas diferentes fases de creación da túa empresa.
Unha das principais vantaxes deste programa de resposta rápida é a atención persoalizada, onde recibirás asesoramento en liña con un consultor especializado, que te permitirá obter o empuxe que precisas para comezar a actividade.
Como funciona o ámbito de emprendemento do programa Responde?
Para axudarche á hora de comezar o teu negocio, o servizo céntrase en dúas temáticas principais:
A primeira liña de traballo céntrase na fase de desenvolvemento, analizando a túa idea de negocio e orientándote na súa posta en marcha para realizala con éxito. Aquí conseguirás:
- Asesoramento e apoio na concreción dun plan de negocio: o plan de negocio marca a estratexia que seguiremos e os obxectivos do noso negocio. Axudarémosche a revisar eses análises iniciais de negocio, e ter unha folla de ruta para emprender con éxito.
- Análise da viabilidade económica, financeira e técnica do negocio: é imprescindible realizar un estudo da viabilidade económica, permitíndonos saber, non so potencial que posúe o noso proxecto, se non tamén os custos que teremos que afrontar para a realización da nosa actividade. Neste punto é preciso ter en conta tres factores:
- Análise do mercado actual e potencial: existe unha necesidade do teu produto/servizo?, é un mercado en auxe ou en declive?, como é o noso público? e a competencia?
- Financiación: coñecer a inversión inicial do noso negocio, os costes e beneficios esperados e cal será a relación calidade-prezo do noso produto.
- Viabilidade técnica: recurso e infraestruturas que precisamos para por en marcha o noso negocio.
- Procura de fontes de financiamento para creación do negocio: información sobre posibles vías de acceso a financiación para o teu negocio é coñecer cales son as diferentes posibilidades de financiación.
Una vez consolidada a primeira etapa de estudo do teu potencial negocio, Igape Responde pon ao teu alcance un segundo servizo centrado na fase de alta, onde te orientamos na análise das diferentes formas xurídicas e a máis adecuada á tipoloxía do teu negocio e obxectivos, ou apoio nos requisitos legais, fiscais, laborais ou administrativos asociados á fase de alta., así como coñecer as diferentes ferramentas para planificación e control do negocio nas primeiras fases.
Queres saber como facer realidade o teu negocio e arrancar esa nova actividade? Se tes dúbidas, e precisas axuda, podes solicitar asesoramento, sen custe, a través do formulario de Igape Responde