Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas do Bono Enerxía Peme, unha iniciativa dirixida a persoas autónomas e empresas galegas para mellorar a eficiencia enerxética dos negocios. O programa ofrece subvencións para cubrir os custes derivados de actuacións que reduzan a factura da electricidade.
Concretamente, o orzamento que se vai destinar ascende ata os 4’7 millóns de euros, fronte aos 3 millóns destinados no 2022.
Este ano o programa Bono Enerxía Peme incorpora tamén actuacións de asesoramento enerxético. O obxectivo é que os negocios rebaixen a súa factura enerxética e deste xeito, manteñan a competitividade.
Ademais, para paliar as consecuencias da inflación no teu negocio, tamén podes solicitar o asesoramento, gratuíto e en liña, que ofrece o Igape Responde. Que necesidade ten a túa empresa? Ou buscas emprender unha nova actividade?
Só tes que explicarnos os detalles do que che preocupa do teu negocio e poñemos á túa disposición unha persoa experta; xa sexa en temas financeiros, de dixitalización, promoción en liña, emprendemento, etc… En menos de 48 horas, terás a nosa resposta.