Transformación dixital na era covid-19 e axudas

A pandemia da covid-19 sacudiu as nosas vidas en tódolos sentidos ata o punto de mudar os nosos hábitos de vida e consumo. No ámbito económico e empresarial supuxo unha crise profunda da que aínda estamos comezando a recuperarnos.

Este cambio de hábitos fixo achegarnos máis ás novas tecnoloxías e no mundo empresarial o teletraballo foi e segue sendo unha arma moi útil para dalgún xeito seguir mantendo a actividade empresarial. É por iso que moitas empresas deixasen de lado os métodos tradicionais e se lanzasen á dixitalización. Segundo o informe “CEO Outlook 2020: Covid-19” de KPMG, o 80% dos CEOSs asegura que a transformación do seu modelo operativo acelerouse a raíz da pandemia. Polo tanto é preciso dar este salto á dixitalización.

Segundo “El País”, na actualidade o 90% das empresas ten como obxectivo levar a cabo a dixitalización da empresa.

O cambio nos hábitos de consumo, centrado máis no distanciamento, impulsa o comercio electrónico, por iso moitas empresas  ven nel un nicho de mercado que se acentuou pola crise sanitaria. É por iso que a dixitalización e a internacionalización son dous termos moi importantes para a empresa na actualidade.

Unha empresa que explote axeitadamente a dixitalización, en primeiro lugar, obtería un incremento na  súa produtividade. Por exemplo, unha fábrica que automatice o seu proceso de produción conseguirá que este sexa máis rápido e eficiente podendo producir máis en menos tempo. Ademais, compartir información na nube dentro da rede da empresa permite que a información sexa máis accesible. Todo isto tamén permite reducir custos.

Con respecto ao cliente permite unha maior fidelización dado que se facilitan os trámites co mesmo e a prestación do servizo ou venta do produto.

Do mesmo xeito, tamén é importante contar cun bo sistema de ciberseguridade para que todas as transaccións sexan seguras. Neste aspecto, o Incibe (Instituto de Ciberseguridade) conta cuns catálogos de formación e ferramentas como o servizo Antibotnet.

Dado que a dixitalización e internacionalización son tan importantes, o Igape convoca axudas e subvencións para que as empresas interesadas poidan pór en marcha os seus proxectos.

Outro aspecto que cobra moita importancia nas empresas é p concepto de sostibilidade, é un feito que aumenta a conciencia social sobre o medio ambiente e as empresas mostran ese compromiso reducindo emisións, fabricación con texidos reciclados, política de envases, etc.

A dixitalización pódese unir á sostibilidade converténdose nunha alianza estratéxica e Europa déixao claro co “Pacto Verde Europeo” que é unha folla de ruta para dotar a UE dunha economía sostible, transformando os retos climáticos e medioambientais en oportunidades.

Por todo isto é importante que tecnoloxía e sostibilidade vaian da man. Isto permitirá o avance da sociedade e unha transición xusta.

 

Categorías: Artigos.