Que alternativas de financiamento post-covid teño?

Dende o inicio da pandemia, as pequenas e medianas empresas españolas mostraron un gran deterioro na súa situación económica. Segundo os últimos datos do Banco Central Europeo (BCE), por primeira vez dende 2013 o número de empresas que tiveron un aumento nas súas ventas foi inferior ao número de empresas que sufriron perdas. O impacto do coronavirus foi moi significativo e agora é o momento de comezar a remontar pouco a pouco.

Debido a falta de solvencia, a financiación é unha das principias preocupacións das PEMES a nivel europeo. En España, o 37% delas afirma que solicitou un crédito bancario durante o último ano. Sen embargo, notouse un endurecemento nalgunhas das condicións dos préstamos bancarios e nas garantías requeridas. É dicir, as entidades queren asegurarse de que van a recuperar o seu diñeiro, polo que esixen unha serie de requisitos ás PEMES que en moitas ocasións son difíciles de cumplir.

Ante esta situación, tanto as pequeñas e medianas empresas como os autónomos deben ampliar o seu horizonte e plantexarse novas formas de acceso á financiación.

Algunhas das alternativas ás que podeían ter acceso son as seguintes:

 

  • CROWDLENDING: É unha nova modalidade de financiación para PEMES basada en préstamos directos de particulares. Ésta ofrece unha serie de vantaxas frente á banca: a rapidez na tramitación, maior transparencia no custo da financiación, non hai gastos de cancelación anticipada do préstamo, o tipo de interés o marcan a oferta e a demanda dos importes invertidos…

Supón tamén a posibilidade de que as PEMES diversifiquen as súas fontes de financiación para reducir o risco de depender únicamente das entidades bancarias.

En España o crowdlending creceu un 360% en dous anos e cada vez son máis as empresas que optan por este tipo de financiación. De feito, recentemente entrou en vigor no noso país a Lei 5/2015 Lei de Fomento da Financiación Empresarial que regula as plataformas de financiación participativa, que quedarán baixo a supervsión do Banco de España e da CNMV. Isto é fundamental para que as PEMES vexan que existen formas diferentes e complementarias á financiación bancaria.

 

  • SOCIEDADE DE GARANTÍA RECÍPROCA (SGR): É unha entidade con carácter financieiro cuxo obxecto é axudar a autónomos e PEMES a acceder á financiación de bancos e outras entidades de natureza similar.

As SGR actúan como avalistas do autónomo ou da PEME frente a entidades de crédito, minimizando o risco e, como consecuencia disto último, logrando tipos baixos de financiación.

A composición desta entidade é a seguinte: por un lado, están os socios partícipes, que son os beneficiarios do aval (PEMES e autónomos); e por outro lado, están os socios protectores, que son os que aportan recursos (bancos, administracións públicas, cámaras de comercio…).

Isto implica que os beneficiaros deben ser socios partícipes da SGR, e que os socios protectores son os que fan posible a constitución, sin dereito a solicitar garantía algunha.

Algunhas das vantaxes que ofrece son: poder acceder á financiación cando non dispoñen de suficientes garantías, condicións favorables de tipos e prazos de interés e asesoramento sobre a viabilidade do negocio.

 

En España existe a Confederación Española de Garantía Recíproca (CESGAR), que reúne a 18 SGR.

Durante o primeiro trimestre de 2021 as SGR inxectaron máis de 425 millóns de euros a PEMES e autónomos españois, o que supón un incremento do 42% en relación ao importe facilitado no mesmo período do ano anterior.

Con todo isto, según a Confederación Española de Sociedades de Garantía (SGR-CESGAR), o papel das SGR é fundamental na recuperación da economía.

 

 

Categorías: Artigos.