Que facer para non afogar nun mar de números

Os mandos intermedios poden ser unha figura moi importante nunha empresa, que actúan de formadores, apoio, axuda, protección para os seus equipos e avogados do cliente para asegurarse que o valor que quere ese cliente se xera cos menores desperdicios posibles ou poden ser puro desperdicio, se o que fan é soamente velar porque se execute o programa (produtivo, loxístico, o que tome á súa área).

Calquera mando intermedio que só se ocupe de velar que se execute o programa, pode ser substituído por paneis visuais e un par de módulos de ERP que pode manexar calquera sen máis (e se é dos que teñen mal xenio, berran e ameazan con despidos ao seu equipo para sacarlles un suposto maior rendemento pode ser substituído por paneis visuais, un par de módulos de ERP que pode manexar calquera e un pitbull), en todo caso, puro desperdicio.

Propoñer obxectivos e estratexias para conseguir chegar a eles é a base do desafío empresarial, e neste senso, ter indicadores é criticamente importante, xa que son o noso compás e a nosa guía coa que valoramos se seguindo a nosa estratexia estamos no camiño de acercarnos os nosos obxectivos.

Mais os indicadores por si mesmos, sen funcionar de guía cara un obxectivo concreto, ou sen un mecanismo de profundo e estruturado análise, ou sen unha metodoloxía de plan de accións e mellora continua vinculada a cada indicador, convértense meramente nun mar de números onde moitas empresas afogan.

É moi sinxelo saber se unha empresa ten indicadores usados como compás, se ten obxectivos en cada área e subaérea, se usa eses indicadores para ver como están respecto o obxectivo e analizar tendencias, se por detrás do indicador hai unha estrutura de análise e un potente mecanismo de accións e mellora continua enfocada o obxectivo que están a medir con cada indicador.

Un exemplo de indicador ben utilizado nunha liña de produción é este (VER IMAXE 1).

Moitas empresas preguntándovos que indicadores debedes de usar. O primeiro de todo é ter claro os obxectivos a medir (en canto a seguridade, calidade, entregas, produtividade, costes, etc…). Con estos obxectivos claros, a principal motivación a hora de implantar indicadores é a simplicidade tanto de recoller os datos como de compresión por parte de todos. Poñemos un exemplo:

Un indicador típico da capacidade que ten un proceso de repetir resultados idénticos, coñecer a súa dispersión e a súa posición con respecto os límites mínimos e máximos permitidos é o cp-cpk. Sen dúbida é un gran indicador pero para a maior parte das empresas é moito mais sinxelo implantar indicadores visuais extremadamente fáciles de interpretar por toda a xente, sobre todo a xente que está as 8 horas a pé de proceso.

Na seguinte gráfica publicada a vista de todo o mundo vemos claramente que estamos dentro dos límites de resistencia no produto final, podemos ver inmediatamente cal é a capacidade do proceso de repetir resultados de resistencia e cal é a tendencia (aproximase cada vez mais o límite inferior). Desta forma, en vez de dicir que dito proceso ten un cp = X e cpk = Y que son conceptos que hai que explicar e entender, é moito máis operativo de cara a xente a pé de proceso expor unha gráfica deste estilo, ca mesma información pero nun formato extremadamente sinxelo de entender.

Hai multitude de indicadores por chamalos dalgún modo “estándar” ou comunmente utilizados, pero antes de adoptar indicadores pensa cal é o obxectivo, que parámetros tes que medir para ter un bo compás que che indique se vas cara o obxectivo, e unha vez teñas clara esta información implanta indicadores o máis sinxelos posible e o máis visuais posible porque queres que todo o mundo entenda o que queres medir, por que, cales son os estándares de reacción ante unha desviación no indicador (no noso exemplo, que facer cando a tendencia é achegarse a liña inferior) e cal é o mecanismo de mellora continua dedicada a ese obxectivo e indicadores asociados (como o mostrado na imaxe 1).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Moitas empresas preguntándovos que indicadores debedes de usar. O primeiro de todo é ter claro os obxectivos a medir (en canto a seguridade, calidade, entregas, produtividade, costes, etc…). Con estos obxectivos claros, a principal motivación a hora de implantar indicadores é a simplicidade tanto de recoller os datos como de compresión por parte de todos. Poñemos un exemplo:

 

Un indicador típico da capacidade que ten un proceso de repetir resultados idénticos, coñecer a súa dispersión e a súa posición con respecto os límites mínimos e máximos permitidos é o cp-cpk. Sen dúbida é un gran indicador pero para a maior parte das empresas é moito mais sinxelo implantar indicadores visuais extremadamente fáciles de interpretar por toda a xente, sobre todo a xente que está as 8 horas a pé de proceso.

 

Na seguinte gráfica publicada a vista de todo o mundo vemos claramente que estamos dentro dos límites de resistencia no produto final, podemos ver inmediatamente cal é a capacidade do proceso de repetir resultados de resistencia e cal é a tendencia (aproximase cada vez mais o límite inferior). Dista forma, en vez de dicir que dito proceso ten un cp = X e cpk = Y que son conceptos que hai que explicar e entender, é moito mais operativo de cara a xente a pé de proceso expor unha gráfica deste estilo, ca mesma información pero nun formato extremadamente sinxelo de entender.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Hai multitude de indicadores por chamalos dalgún modo “estándar” ou comunmente utilizados, pero antes de adoptar indicadores pensa cal é o obxectivo, que parámetros tes que medir para ter un bo compás que che indique se vas cara o obxectivo, e unha vez teñas clara esta información implanta indicadores o mais sinxelos posible e o mais visuais posible porque queres que todo o mundo entenda o que queres medir, por que, cales son os estándares de reacción ante unha desviación no indicador (no noso exemplo, que facer cando a tendencia é achegarse a liña inferior) e cal é o mecanismo de mellora continua dedicada a ese obxectivo e indicadores asociados (como o mostrado na figura 1).

 

Categorías: Artigos.