Podo optar ás axudas pola covid-19? Aquí tes as principais aprobadas pola Xunta

Pemes e autónomos atópanse entre as principais vítimas da crise económica derivada da pandemia e co fin de paliar as graves consecuencias que o coronavirus tivo nas súas vidas e negocios, a Xunta de Galicia puxo en marcha axudas. Boa parte delas foron deseñadas para atender as necesidades de sectores moi concretos. É o caso da hostalería, sector obrigado a pechar o 6 de novembro durante un mes en 60 municipios da comunidade autónoma e para o que o Goberno galego aprobou pola vía de urxencia axudas directas por importe de 16 millóns de euros. Estas son algunhas das subvencións en vigor:

Axudas urxentes para a hostalería:

Hai tres liñas de axudas, dúas pertencen ao Plan de rescate de persoas traballadoras autónomas e microempresas dirixido a 30.000 autonómos e 10.000 microempresas. A terceira está dirixida a servizos de comidas e bebidas e aloxamentos obrigados a pechar na segunda onda da crise sanitaria. Son axuda directas que poderían ir desde os 2.200 aos 7.200 euros. As tres liñas son compatibles entre si e complementan ás prestacións do Estado polo cesamento de actividade como consecuencia da pandemia ao amparo da Real Decreto- Lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego.

Dotado con máis de 70 millóns de euros entre 2020 e 2021, o Plan de rescate contempla unha liña de axudas de 30 millóns de euros destinada a 30.000 autónomos que poderán percibir 1.200 e ata 2.000 euros, no caso de que se trate de actividades paralizadas durante polo menos seis meses ou especialmente suspendidas, como o lecer nocturno.

Poderán optar á mesma quen teña recoñecida a prestación extraordinaria ou común por cesamento e que non superen determinados rendementos netos -alleos á súa actividade como autónomos- na declaración do IRPF do ano anterior. Para a segunda liña de axudas, destinaranse 40 millóns de euros.

Quen serán beneficiarios? Microempresas ou autónomos con persoal ao seu cargo e que desde o estado de alarma teñan ou tivesen autorizado un ERTE pola covid-19. Así mesmo, deberán ter declaradas perdas de polo menos o 50% respecto ao mesmo período do ano anterior. Neste segundo caso, concederase unha axuda de 4.000 euros en dous prazos. Se unha persoa autónoma ten contratados a outros autónomos poderá acceder a unha axuda de ata 6.000 euros. Ambas as axudas son para actividades pertencentes aos seguintes sectores: artes gráficas e reprodución de soportes gravados; comercios polo miúdo (salvo vehículos de motor e motocicletas); transporte terrestre e por tubaxe; servizos de aloxamento; servizos de comidas e bebidas; actividades cinematográficas, de vídeo e programas de TV, gravación de son e edición musical; actividades de axencias de viaxe, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas con estes; actividades de creación, artísticas e espectáculos; e actividades deportivas, recreativas e de entretemento.

Otras subvenciones en vigor:

Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para autónomos afectados por unha suspensión temporal da actividade. A contía será do 50% da base mínima.

Prestación extraordinaria para autónomos en tarifa plana que non estivesen cotizando por cesamento de actividade e/ou que se deron de alta antes do 1 de abril de 2020. A contía será do 50% da base mínima.

Prestación de cesamento de actividade compatible co traballo por conta propia e prórroga das prestacións xa causadas ao amparo do artigo 9 da Real Decreto-lei/2020, do 26 de xuño. Os autónomos que perciban a prestación por cesamento de actividade poderán continuar percibíndoa ata o 31 de xaneiro de 2021.

Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para os traballadores de tempada. A contía da prestación será equivalente ao 70% da base mínima de cotización que corresponda.

– As axudas para reactivar a economía por parte dos concellos, ao sector audiovisual ou a dixitalización e innovación das Cámaras de Comercio son outras das iniciativas que puxo en marcha a Administración galega para loitar contra a covid-19.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Categorías: Artigos.