Orzamento, tesouería e negociación bancaria, que debo ter en conta?

Este ano debe ser un ano de ilusión, de proxectos e de retos.  Pero non podemos esquecer de onde vimos, e os problemas que as nosas empresas asumiron e están a afrontar no día de hoxe.

É por iso que vos indicamos unha serie de recomendacións para este ano e tratar de acabalo da mellor maneira posible:

Orzamento:

En primeiro lugar é preciso un orzamento de ingresos e gastos previstos.  Debe servir como proxección do que se pode xerar e do que se ten que afrontar para iso.  Deberase estimar as posibles operacións, vendas e ingresos así como os gastos fixos e os variables.  Recoméndase neste punto realizar escenarios para identificar as liñas vermellas a partir das cales,  leáse punto de equilibrio, vendas mínimas, marxes brutas mínimos, etc. que o negocio precisa para afrontar o seu futuro con viabilidade.

 Tesourería:

A partir da proxección orzamentaria, de ingresos e gastos corresponde estimar a liquidez que se pode xerar.  Por unha banda cando e canto se podería cobrar e cando e canto se ten que pagar.  É aquí onde a realización de escenarios é clave para identificar necesidades de liquidez futuras nos seguintes meses.

Negociación bancaria:

Débese afrontar unha negociación bancaria moito antes de que xurdan as necesidades.  É por iso da importancia dos dous pasos anteriores: Orzamento e  Tesourería.  Desta forma saberemos que necesitamos e cando.  Así poderemos negociar con máis información co noso banco, e sobre todo, con máis tempo.

Non recomendamos acudir ao banco para pedir financiamento sen ter claro que é o que se necesita en realidade, e se é un desfasamento de  tesourería puntual ou estrutural.  Obviamente as fontes das causas poden ser as mesmas, por exemplo, as caídas de vendas, pero non así os produtos bancarios que solucionen ou axuden á empresa.

Este proceso de planificación financeira e análise das proxeccións de  tesourería, así como o proceso de negociación bancaria, pode ser atendido desde IGAPE RESPONDE desde o ámbito financeiro, sen custo algún para a empresa ou autónomo. Só tes que SOLICITAR a través do formulario. 

Categorías: Artigos.