As cotas das persoas autónomas cambiarán a partir de 2023 tralo acordo entre o Goberno e as principais asociacións que representan a este colectivo.
As persoas con menos ingresos pasarán a pagar unha cota de 230 euros ao mes e quenes superen os 6.000 euros abonarán 500 euros, cando ata o de agora, con independencia dos ingresos e gastos, existe a posibilidade de abonar o mínimo establecido: 293’94 euros mensuais.
Haberá 15 tramos diferentes
O novo fixa 15 tramos distintos en función dos rendementos netos -a diferenza entre os ingresos e os gastos deducibles- e a súa implantación realizarase de forma progresiva a partir de 2023 e ata 2025. VER AQUÍ OS TRAMOS.
Despois dese ano as táboas iranse revisando cada tres anos ata 2032, cando as persoas autónomas coticen como as asalariadas, segundo os seus ingresos laborais.
A reforma xera unha serie de preguntas as que tentaremos dar resposta:
A cota mínima será igual o próximo ano?
Non. En 2023 será algo máis baixa: 230 euros, en lugar dos 294 da actualidade, para aquelas persoas cuxos rendementos non superen os 670 euros mensuais, é dicir, cada mes este grupo abonará 64 euros menos que agora.
Doutra banda, a cota máis elevada terán que pagala as persoas autónomas con rendementos por encima de 6.000 euros e será de 500 euros ao mes o primeiro ano.
Que importes se pagarán en 2024 e 2025?
A reforma é progresiva e, polo tanto, as cotas iranse modificando os próximos anos, sempre en función dos ingresos e gastos.
Desta maneira, aqueles con rendementos netos inferiores a 670 euros pagarán 230 ao mes en 2023; 225 durante 2024 e 200 euros en 2025.
No tramo máis alto da táboa aboaranse á Seguridade Social 500 euros ao mes no 2023, 530 en 2024 e 590 a partir de 2025. Desde ese ano, os 15 tramos iranse revisando cada tres anos ata o exercicio económico 2032, data na que cada autónomo cotizará polos ingresos reais que obteña do seu traballo.
Como se establece o cálculo?
Hai que facer unha aproximación das ganancias previstas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro. A fórmula establecida pola Seguridade Social para calcular o tramo que debe abonar cada persoa inclúe tres pasos:
- Calcular os rendementos netos: ingresos menos gastos deducibles.
- Á cantidade resultante hai que sumarlle todas as cotas que pagou o autónomo á Seguridade Social durante o anterior exercicio e restarlle un 7% se é persoa física e un 3% se é societario.
- A cifra obtida divídese entre 12 (os meses do ano). É o resultado do rendemento neto mensual polo que deberán cotizar.
Cada canto tempo se pode cambiar de tramo?
Cada dous meses e nas seguintes datas:
- 1 de marzo (para solicitudes entre o 1 de xaneiro e 28-29 de febreiro).
- 1 de maio (1 de marzo/30 de abril).
- 1 de xullo (1 de maio/30 de xuño).
- 1 de setembro (1 de xullo/31 de agosto).
- 1 de novembro (1 de setembro/31 de outubro).
- 1 de xaneiro do ano seguinte (1 de novembro/31 de decembro).
Se cotizo máis do que ingreso devólvenme a diferenza?
Si, pero tamén ao contrario. Ao final de cada ano realizarase unha regularización para confirmar se, efectivamente, a persoa cotizou en función dos seus rendementos netos. Se pagou de máis, a Seguridade Social reintegrarlle devandito importe, se pagou de menos, reclamarallo.
As persoas autónomas teñen dous meses para devolver o importe das cotas non pagadas en función dos seus ingresos e a Administración catro para reintegrar o importe a quen ‘sobrecotizase’.
Se necesitas asesoramento neste aspecto, podes solicitalo, sen custe, a través do formulario do Igape Responde.