O bono enerxía Peme, para paliar o aumento da factura da luz dos negocios, ampliará o seu orzamento  

No 2023 haberá unha nova edición do programa Bono Enerxía Peme, unha iniciativa dirixida a persoas autónomas e empresas galegas para mellorar a eficiencia enerxética dos negocios. O programa ofrecerá subvencións para cubrir os custes derivados de actuacións que reduzan a factura da electricidade.

Concretamente, o orzamento aumentará ata os 4’7 millóns de euros, fronte aos 3 millóns destinados este ano.

O ano que vén o programa Bono Enerxía Peme vai incorporar tamén actuacións de asesoramento enerxético. O obxectivo é que os negocios rebaixen a súa factura enerxética e deste xeito, manteñan a competitividade.

Tan pronto se lance, o Diario Oficial de Galicia publicará os detalles destas axudas. A través do Igape Responde informaremos dos plazos.

Mentres tanto, e para paliar as consecuencias da inflación no teu negocio, podes solicitar o asesoramento, gratuíto e en liña, que ofrece o Igape Responde. Que necesidade ten a túa empresa? Ou buscas emprender unha nova actividade?

Só tes que explicarnos os detalles do que che preocupa do teu negocio e poñemos á túa disposición unha persoa experta; xa sexa en temas financeiros, de dixitalización, promoción en liña, emprendemento, etc… En menos de 48 horas, terás a nosa resposta.

Categorías: Artigos.