A que se lle chama KPI?

É de vital importancia seleccionar uns bos indicadores de negocio, aqueles que miden o rendemento dun obxectivo estratéxico establecido. Como principal indicador fálase de Key Performance Indicator (KPI) ou Indicador Clave de Rendemento. Pero que son?

Os KPI son indicadores clave de rendemento medibles e cuantificables, é dicir, unha parte esencial da analítica na empresa. Estes indicadores utilízanse como unha unidade de medida, permitíndonos coñecer o estado de calquera proxecto, actividade, recurso… ao que se apliquen, e son ferramentas moi importantes para a toma de decisións e a planificación dunha estratexia eficaz.

A través do Igape Responde atopas asesoramento, sen custe e en liña, para impulsar o teu negocio. Só tes que cubrir o noso formulario e unha persoa experta vaise poñer en contacto contigo.

Categorías: Coñecemento.