Mapa de apoios para 2023. Que axuda pode recibir o meu negocio?

Investimentos para consolidar empresas, formación para a creación de novos negocios ou outras axudas para mellorar a competitividade do tecido empresarial.

Son algúns dos apoios que o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) vai ofrecer no 2023.

Para explicar todos os detalles do mapa de axudas, imos celebrar unha xornada virtual o LUNS, 28 de novembro, ás 13 horas. Só tes que reservar a túa praza e unhas horas antes, recibirás un correo electrónico co acceso directo a este webinario.

Ademais, vas poder facer as túas preguntas a través do chat que nos ofrece a ferramenta de Zoom:

Por outra parte, temos aberto o asesoramento gratuíto e en liña do Igape Responde. Que necesidade ten o teu negocio? ofrecemos soporte en temas financeiros, de promoción en liña, na dixitalización dos negocios e máis.

Só tes que indicarnos a túa necesidade a través do noso formulario:

Categorías: Artigos.