Como consigo un equipo de alto rendemento? Coidando as 5 C

O mundo empresarial cambiou e atopámonos nun contexto de incerteza e volatilidade que obriga aos líderes a desenvolver novas habilidades. Chegou o momento de cambiar o noso liderado, necesitamos unha nova forma de liderar e unha nova forma de pensar.

 

Un bo líder é aquel que:

Sabe coordinar e xestionar equipos de traballo.

– É capaz de detectar e potenciar as habilidades de cada un dos seus membros coidando o clima laboral.

Motiva e inspira o equipo para conseguir os obxectivos.

Se queres mellorar o teu liderado e sacar o verdadeiro líder que levas dentro para ter un equipo de alto rendemento e é fundamental que traballes estas tres claves.

 

PRIMEIRA CLAVE: LIDERADO INSPIRADOR CON AUTOLIDERADO

Liderato para liderar un equipo. O primeiro que temos que facer é liderarnos a nós mesmos, e moitas veces os líderes están tan centrados no exterior que se esquecen que o bo liderado empeza no interior. O teu proxecto e o teu equipo só medrarán ata o punto no que ti medres como persoa porque os teus propios límites son os límites da organización ou do equipo que lideras. Cando conquistas a cima do autocoñecemento:

-1 Aumentas a confianza e a seguridade.

-2 Ganas maior flexibilidade e melloras a túa adaptación ao cambio.

-3 Maior control emocional para manter o equilibrio en momentos difíciles.

Todos sabemos que cando estás en postos de responsabilidade existen moitos momentos delicados e importantes decisións que tomar, sobre todo nesta situación de pandemia que estamos a vivir, e poder tomalas desde a confianza nun mesmo e a seguridade adaptándonos á situación que a empresa está a vivir nese momento é clave. Se tes que liderar persoas, é fundamental que te comprometas co teu crecemento persoal.

 

SEGUNDA CLAVE: FACILITA OS CAMBIOS E DESENVOLVE O TEU EQUIPO

Cando coidamos o clima laboral o negocio flúe mais facilmente. Cando o teu equipo está motivado e implicado traballa mellor e fai que os clientes estean máis contentos e sexan máis fieis. Un equipo motivado rende por encima da media e atrae e retén o mellor talento. Por iso, un líder necesita motivar e inspirar o equipo, sendo un exemplo para seguir para cada un dos seus membros. Como líder é fundamental activar a proactividade do equipo e empezar a delegar e a ter en mente as seguintes preguntas:

-Que podo facer para sacar o máximo rendemento a cada un dos membros do meu equipo?

-Que actividades de liderado teño programadas para o próximo mes?

 

TERCEIRA CLAVE: CREA EQUIPOS QUE TRABALLEN COAS 5 C

As empresas, para conseguir mellorar resultados e crecer neste mercado cada vez máis competitivo, necesitan crear equipos de alto rendemento e para iso necesitan traballar as 5 C: Confianza, Comunicación, Complementariedade, Coordinación e Compromiso. Traballar as cinco é clave para o bo funcionamento do teu equipo e para iso un bo momento é a reunión semestral de desenvolvemento do equipo na que se pode traballar estas tres preguntas:

-O que o noso equipo debería facer máis.

-O que o noso equipo debería facer menos.

-O que o noso equipo debería seguir facendo.

Desta forma o equipo co líder reflexionaría sobre que cousas fai ben, que cousas debería incorporar e cales debería eliminar. Esta é unha ferramenta moi útil. Pero agora convidámoste a ti pensar: Como podes fomentar e coidar as 5 C no teu equipo para que sexa de alto rendemento?

Categorías: Artigos.