O ano comeza con cambios para as persoas autónomas.
O máis destacado é o novo sistema de cotizacións por ingresos reais. Dende o 1 de xaneiro xa cotizan en función dos rendementos netos, en función dunha serie de tramos.
Con todo, este non é o único cambio neste recén estrenado 2023. Queres coñecer a fondo todos os detalles?
Celebramos un evento virtual no que explicamos as claves. Ademais, podes facer as túas preguntas en directo a través do chat.
Será o MÉRCORES, 25 de xaneiro, ás 13 horas.