Vacacións 2021: tendencias no Turismo pandémico

Chegados a este punto da pandemia, a conversa máis repetida é xa falar das próximas vacacións, e atopar esas novas formas de fuxir do día a día e desconectar da rutina.

As empresas do sector turístico xa están preparándose para o despegue, adaptándose a tódolos cambios que veñen impostas por esta nova normalidade.

 

As novidades no sector

 Claramente, a forma que tíñamos de viaxar e facer turismo, cambiou radicalmente coa pandemia, e polo tanto, a nosa demanda e os criterios que nos levan a escoller e deseñar as nosas viaxes.

Ademais de ter en conta a situación de risco do noso destino, estes será algúns dos puntos claves nos que os usuarios basearán a súa elección:

  • Medidas de seguridade e sanitarias: os usuarios non emprenderán ningunha viaxe sen ter garantías neste punto, cal é o protocolo sanitario do aloxamento, e sobre todo, coñecer cal será a súa posición en caso de verse nun gromo no seu destino.
  • Flexibilidade: á hora de facer as reservas, é importante deixar claros os criterios no caso de cancelación, e fomentar a súa gratuidade e reembolsos en caso de ser por motivos xustificados. Esta transparencia será decisiva nas eleccións.
  • Proximidade ou facilidades para o regreso: unha das grandes preocupacións dos usuarios é como regresar ó seu fogar no caso de seres preciso. Asegurar e favorecer as posibles vías de regresos, será un dos puntos que marcará a diferencia nas elección pre-pandemia.
  • Viaxes de última hora: poder facer unha reserva, sen complicacións e con curtos prazos de tempo previos, serán a tendencia, xa que non moitos arriscan facer reservas e esperan ó derradeiro minuto segundo a situación sanitaria.

 

Tipos de preferencias nos destinos

A pandemia tamén afectou ós gustos e destinos que os viaxeiros queren para escapar da súa rutina:

  • Turismo nacional: ou turismo de proximidade. Os principais destinos serán os de territorio nacional, pero en moitos casos, non sairemos da nosa comunidade autónoma. Tamén será común atopar usuarios que non saian da súa cidade, pero fagan una “escapada” a aloxamentos da súa propia cidade buscando un cambio no seu día a día.
  • Turismo rural e de natureza: despois do confinamento nas cidades e os peches de fronteiras, non é nada raro pensar en que os viaxeiros desexen ir lonxe da cidade buscando aire limpo, e entrar en contacto coa natureza.
  • Turismo sostible: sexa ou non pola pandemia, os usuarios cada vez se suman mais á preocupación por reducir a súa pisada de carbono. Atoparemos entre as súa preferencias os hoteis, paradores ou casas rurais que respectan o medio ambiente, e nos que se lles ofrecen produtos km. 0 e de comercio local.

 

Ademais das tendencias, debemos ter en conta os retos

  • Vacinación: aínda que é un factor que non depende do noso negocio, non debemos perder de vista o grado de eficacia das vacinas.
  • Vontade dos viaxeiros: transmitir seguridade e confort na situación actual, influirá directamente nos usuarios para que confíen e teñan intención de viaxar, ademais de atopar ofertas que se adecúen á súa economía. Non debemos esquecer que moita da poboación recibiu un impacto directo nas súas condicións laborais.
  • Dixitalización: é un dos puntos claves e que marcou a diferencia entre moitas empresas na pandemia. A necesidade de estar en redes, e de estar accesibles dende calquera punto, foi, é e será un dos puntos clave. E non só nas redes sociais. O sector turístico precisa traballar de forma estratéxica, e adaptarse a todo tipo de plataformas dixitais, tanto de reserva como de pedidos ou pagos.

Aínda que levamos un tempo complicado para este tipo de plans, parece que xa hai luz ó final do túnel e que agora, o que toca é cambiar o modo de gozar do ocio e do turismo.

Queres saber como adaptar o teu modelo de negocio a esta nova normalidade? Se tes dúbidas, e precisas axuda, podes solicitar asesoramento, sen custe, a través do formulario do Igape Responde.

Categorías: Artigos.