Instagram, o escaparate da miña empresa na rede

Na actualidade é raro atopar quen aínda non coñece Instagram. Sendo das app máis descargadas é, xunto con TikTok, unha das redes sociais de contido visual en tendencia e continuo crecemento, e o que é mais relevante, a rede na que máis tempo pasa o consumidor!

Dentro do mundo do estratexia dixital, é das ferramentas que mellor combina a fotografía e o social: cos seus filtros, e xunto coa multitude de aplicacións dispoñibles para mellorar o seu manexo, fan sinxelo crear contido de calidade, compartilo e dar a coñecer a nosa empresa a multitude de audiencia.

 

Que tipo de empresas e contido podemos compartir en Instagram?

Todas as empresas teñen cabida nesta rede social. A aplicación divídese en varios tipos de contido a compartir (publicacións, stories, reels, IGTV e directos), que permiten que cada empresa poida atopar a mellor forma de transmitir a súa marca e publicitar os seus produtos/servizos.

Ademais, debido ó potencial empresarial detectado pola rede, Instagram engadiu o apartado “Tenda”, no que podemos enlazar as publicacións cos nosos produtos e levar á audiencia directamente á nosa plataforma e-commerce: a golpe de clic, os consumidores poden mercar os produtos ou gardalos nunha “lista de desexos”.

E cando e como teño que publicar en Instagram?

O algoritmo de Instagram é moi variable, polo que debemos ser constantes. É importante ter planificado un calendario de publicacións, tendo en conta estas recomendacións para que o noso perfil medre:

  • Publicar 2-3 veces por semana
  • Entre os post do feed, alternar con reels, tamén 2-3 veces por semana.
  • Publicar a diario 3-4 veces stories, preferiblemente a diferentes horas. Podemos empregar ademais o sticker “Conta atrás” nos stories para anunciar unha publicación, xerar interese e que a nosa audiencia reciba un recordatorio.

Antes de publicar contido, é importante tamén:

  • Interactuar coa túa comunidade 30-40 minutos antes de compartir contido.
  • Dar like e comentar as contas dos teus seguidores e seguidos.
  • Se tes comentarios pendentes de responder, este é o momento de facelo!

 

E entre tódolos perfís, como pode destacar a miña empresa en Instagram?

As empresas que triunfan nesta rede son aquelas que comparten contido moi visual, sendo clave a fotografía e o deseño dos vídeos, pero ademais realizan outra serie de accións:

  • Branding identificado: a nosa biografía, o aspecto das nosas fotos e os textos deben ser consistentes. Todo o que subamos á rede e o estilo que empreguemos influirá directamente na nosa marca.
  • Marketing de influencers: a promoción da nosa marca asociada á imaxe das influencers poden facer que o retorno da inversión inicial sexa moi notable. Iso si, é clave atopar ás que teñas seguidores que coincidan co noso target.
  • Anuncios de Instagram: poderán estar destinadas o “Recoñecemento da marca”, a aumentar os nosos seguidores (anuncios de conciencia de marca, nos que amosamos “como” somos) ou destinados ó “Alcance”, a aumentar as ventas (anuncios máis directos, que amosan “que” vendemos).
  • Concursos: xeran engagement e habitualmente conseguimos máis beneficios que o propio custo do produto ou servizo sorteado. O habitual é que os participantes teñan que facer algún tipo de interacción coa nosa conta e a publicación (like, compartir e/ou nomear outros usuarios).
  • Automatización das publicacións: xa falamos da importancia da constancia nas publicacións. Aínda que polo de agora a aplicación non permite programalas, existen numerosas ferramentas como Buffer que nos facilitan esta tarefa.

 

Aínda que as publicacións con más likes son as relacionadas coa moda, arte, deseño, decoración, viaxes, arquitectura, actividades ou titorías, non é raro atopar empresas de sectores moi diversos que causan furor nas redes polos seus perfís coidados e un bo plan de marketing, como pode ser a empresa Orange3, un negocio familiar de máis de un século de antigüidade adicado á venda de laranxas.

Outro caso de éxito é a conta de MG Boda y algo más, a empresa de eventos da wedding planner Macarena Gea que pasou a converterse nunha influencer debido ás súas publicacións coidadas que amosan o seu traballo.

E por último, como mostra da influencia de Instagram no mercado actual, temos a tenda coruñesa La Panera, que aposta non só por un perfil coidado, se non que na súa propia web, a plataforma de e-commerce é dun deseño máis que similar.

Necesitas asesoramento, sen custe, para potenciar esta rede social ou outras? Só tes que solicitar o teu apoio a través do formulario Igape Responde. 

Categorías: Artigos.