Comezar un negocio en Galicia. Con que servizos de apoio conto?

Queres poñer en marcha unha idea de negocio?

Estás comezando unha nova actividade empresarial e aínda tes dúbidas?

Para poder axudarche, no Igape Responde recompilamos información sobre institucións e servizos dos que botar man á hora de analizar ou planificar a túa idea de negocio.

Queres saber cales son?

Facemos un repaso por todos eles na cita virtual do LUNS 30 de xaneiro, ás 13 horas. 

Categorías: Artigos.