A revolución dixital segue adiante, está o meu negocio preparado?

Ó longo da historia, a evolución empresarial estivo marcada ben por grandes descubrimentos ou por acontecementos que forzaron a necesidade de cambio e adaptación ós novos mercados.

No ano 2020, a covid-19 mudou de súpeto o terreo de xogo das empresas a nivel mundial e deixou máis que evidenciada a necesidade de acelerar a dixitalización empresarial. En maior ou menor medida, tódolos negocios víronse contaxiados a reformular os seus servizos, a súa publicidade, a súa xestión e incluso detectaron necesidades formativas nos seus equipos de traballo para poder afrontar os cambios do seu modelo e ás novas vías de negocio.

Segundo a revista Forbes, os expertos apuntan ó que denominan “paradoxo dixital”, una situación na que a adaptabilidade das empresas ós novos modelos de negocio e a transformación dixital non avanza nin alcanza o ritmo do crecemento das tecnoloxías.

 

Como poden as pemes aumentar a súa capacidade de adaptación e en definitiva mellorar o seu negocio?

A innovación, e non só tecnolóxica, é a clave. As empresas que triunfan nestes momentos son aquelas que mostran máis capacidade de cambio, transformación e flexibilización tanto nos seus procesos como cos seus traballadores, así como as que están a investir para incorporar a tecnoloxía. Xa estamos a vivir a 4ª revolución industrial, a industria 4.0, na que converxen tecnoloxías dixitais, físicas e biolóxicas!

Non se trata de integrar ferramentas tecnolóxicas, se non de ver que procesos e esquemas temos que adaptar ó novo entorno dixital, como poden ser:

  • Big Data e o uso da Cloud: se queremos impulsar a nosa transformación dixital, é preciso que a información da nosa empresa sexa accesible para todos dende calquera localización. As empresas que máis rápido se adaptaron este ano foron as que tiñan unha organización da súa información. O espazo físico pasa a un segundo plano.
  • Automatización de procesos: nas cadeas produtivas é preciso apoiarnos na robótica para mellorar a eficiencia da nosa operativa.
  • Localización : Claramente pasou a ser secundaria na pandemia, e deixou de manifesto que a presencialidade, en moitos casos, non é precisa, pero tamén abriu unha brecha entre empresas con presenza en internet e as que aínda non teñen un grado de dixitalización adecuado, e fan que o seu negocio sexa moi ríxido.

 

Como están as empresas incorporando e cambiando pola dixitalización da economía?

Se a pandemia e as restricións deixaron claro algo, son as vantaxes das novas tecnoloxías no ámbito social. Co confinamento disparáronse as vídeochamadas que facían un pouco máis leve o distanciamento social, pero moitos foron os que notaban a falta dos maiores nas “reunións” familiares. Con este propósito traballan en Spacetechies, unha empresa adicada á formación para cativos que tamén incluíu formación en competencias dixitais para maiores, e concretamente destinada á 3ª idade, para que aprendan a manexar os dispositivos móbiles, a navegar por internet, e empregar as principais redes sociais.

Un dos exemplos máis claro de adaptación á nova situación tamén podería ser o caso do Hotel Silken Al-Andalus. O boom do teletraballo na pandemia e coa crise hoteleira nas súas costas, o Hotel pasou de ter “habitacións” a “despachos” de luxo con conexión a internet a prezos asumibles e con tódalas medidas sanitarias precisas para aqueles profesionais que precisan un espazo laboral extra por no dispor del no seu domicilio habitual, para reunirse ou ben para simplemente separar vida laboral da persoal. Esta idea foi tamén seguida por cadeas hoteleiras como Iberostar o Meliá.

En moitos casos, as empresas buscan novas formas de achegarse ó seu público e amosar o seu produto nas redes sociais. É o caso da inmobiliaria Metrovacesa que acaba de asociarse cunha startup española, especializada no uso da neurociencia e o bigdata, para potenciar a venda de inmobles a través da rede TikTok, amosando vídeos curtos das propiedades para enganchar ó seu público.

E aínda que non é un dos sectores máis comentado, ninguén auguraba que en pleno confinamento, en pixama e modo caseiro, as vendas da cadea malagueña de perfumerías Primor se multiplicasen un 400%. A clave do seu éxito foi que detectaron ó principio da pandemia novos hábitos de compra nos consumidores a través do análise de datos, e se adaptaron pasando de centrar esforzos en vender produtos cosméticos de luxo a hixiénicos, tinturas de pelo e kits de beleza.

A pandemia levounos a pechar temporalmente as súas tendas físicas en España e Portugal, pero promocionaron e potenciaron as vendas online, e hoxe en día, aínda despois da reapertura, seguen ingresando un 200% a través da web en comparación con anos anteriores.

Os novos modelos de negocio, a innovación nos servizos, a adaptación dos nosos produtos ás necesidades do mercado actual grazas, son a base, e as tecnoloxías son a ferramenta.

Categorías: Artigos.