Tres sistemas de planificación e programación da produción. Parte 5

Despois do exposto nos artigos anteriores, necesitaremos algún sistema que:

  1. Evite a amplificación da variabilidades o longo da árbore de materiais.
  2. Evite a propagación da variabilidades outros árbores de produto, de xeito cun cambio na programación dunha cantidade de produto terminado ou dun produto intermedio non poida producir o cambio total da programación.
  3. O cliente xa non está disposto a esperar, así que temos que conseguir co Lead Time sexa configurable no sistema.

Para conseguir todo isto necesitamos un sistema que nos permita romper as dependencias totais dos sistemas MRP. O sistema que usa Lean e DDMRP chámanse puntos de desacople e puntos de control. O principio de funcionamento é o mesmo en ambos casos.

Lean como sistema de programación productivo

  • Os puntos de desacople chámanse Supermercados y Fifo Lanes segundo tipoloxía.
  • ¿Onde se colocan? Un entre cada Loop.
  • Os puntos de control chámanse Pacemaker o Pacesetter e son os únicos puntos que se programan con capacidade finita, hai un en cada Loop.

DDMRP

  • Os puntos de desacople chámanse buffer.
  • ¿Onde se colocan? O posicionamento é estratéxico en función dunha serie de factores.
  • Os puntos de control chámanse directamente puntos de control e tamén son os únicos que se programan con capacidade finita, o posicionamento dos puntos de control tamén é estratéxito.

Na IMAXE 1, móstrase coma os puntos de desacople rompen as dependencias totais e evitan a propagación de cambios o resto do sistema, noutras palabras, evitan o nerviosismo propio dos sistemas MRP. Nos sistema de dependencias totais, un cambio na cantidade programada de PF1 provoca cambios no resto da programación dos demais artigos. Nos sistemas con puntos de desacople, un cambio nas cantidades de PF1 provoca co supermercado ou o buffer (segundo sexa Lean ou DDMRP), vaciese máis rápido de PI10 e de PI21 e nada máis.

 

Na IMAXE 2, debuxase como se amplifica a variabilidade nun sistema push con dependencias totais e como os puntos de desacople evitan esta ampliación o longo dos procesos.

Na IMAXE 3, plásmase como os puntos de desacople permiten configurar o Lead Time. Se o tempo co cliente está disposto a esperar polo produto PI10 é 8 días, colocando estratexicamente dous puntos de desacople rompendo as dependencias, podémolo lograr.

Nesta IMAXE 4, dibuxase como é o fluxo de materiais e informaicón nun sistema MRP, Lean e DDMRP.

  • A esquerda MRP (sistema push), no sistema entra demanda cualificada e non cualificada o plan maestro de produción, mediante MRP programase cada posto a capacidades finita e faise todo o sistema dependente.
  • No centro Lean (sistema pull), no sistema entra so demanda cualificada o supermercado de produtos terminados, os supermercados entre cada Loop eliminan as dependencias e só se programa a capacidade finita o Pacemaker de cada Loop.
  • A dereita DDMRP (sistema pull) con buffers dinámicos en posicións calculadas, no sistema entra demanda cualificada e non cualificada o buffer de produtos terminados, os buffers entre puntos de control eliminan as dependencias e so se programa a capacidade finita os puntos de control.

Facendo un resumo “caricatura esaxerada” para remarcar as diferenzas, MRP trata de facer todo dependente, Lean trata de facer todo independente e onde se sitúa DDMRP? Pois non crea tanta independencias como Lean mais non anda moi lonxe.

 

 

Categorías: Artigos e Sin categoría.