O venres, 18 de xuño, último día para que pemes, comercios e autónomos soliciten, antes do verán, o apoio inmediato e gratuíto do Igape Responde

Os comerciantes, autónomos e empresas galegas aínda están a tempo de solicitar, antes do verán, o apoio gratuíto que lles ofrece a Xunta a través do programa Igape Responde.

O venres, 18 de xuño, é o último día para facelo antes de que comece o período estival. O obxectivo do programa é que os negocios galegos manteñan a súa actividade.

Reorientar a actividade tralo impacto da covid-19; resolver dúbidas sobre liquidez, obrigas fiscais, ERTEs; adaptar os procesos á nova normalidade ou motivar e xestionar os cambios nos equipos humanos son só algúns dos apoios que se están ofrecendo a través deste programa.

Igape Responde enmárcanse no Plan de reactivación económica que desenvolve o Goberno galego para acompañar ao tecido empresarial no novo contexto económico xerado pola covid-19. Para iso, máis de 60 expertos e consultores especializados apoian ao equipo técnico do Igape a través deste programa.

As empresas, comercios e autónomos interesados en recibir apoio, sen custe, deben realizar a súa solicitude a través do formulario.

Tamén está dispoñible o teléfono 900 815 151 e o enderezo electrónico igaperesponde@igape.es.

 

Categorías: Novas.