Un traballador meu pasou a covid-19- Teño que facerlle una PCR antes da súa incorporación ao posto de traballo?

Se o traballador recibe a alta médica, é porque xa está curado, non é necesario facer unha PCR.

Cando a baixa sexa longa por complicacións da enfermidade e poidan quedar secuelas (fatiga, problemas respiratorios,…) si debería de ofrecerlle unha revisión que lle permita comprobar que segue a ser apto para o seu posto de traballo, ou ben, se ten algunha limitación. Neste último caso deberase adaptar o posto de traballo ás novas limitacións.

Se necesitas asesoramento, sen custe, para o teu negocio neste aspecto, só tes que solicitalo a través do formulario do Igape Responde.

 

Categorías: Coñecemento.