Primeiro de todo debemos diferenciar se se trata dun contrato laboral en prácticas o prácticas complementarias aos estudos.
Neste segundo caso, as prácticas son un complemento á formación do traballador, e non teñen a consideración de contrato laboral.
Se as tarefas que desenvolve serven para complementar os estudos, dita formación será válida. Hai que ter en conta que sempre debe priorizarse o complemento á formación fronte as necesidades da empresa.
Ante a posibilidade de que o becario faga prácticas en teletraballo, recorde que este ten que ter un titor que esté pendente das suas tarefas (coordine, revise, corrixa,…)
É importante que deixe constancia de dita situación mediante un envío de correos electrónicos onde quede constancia destes feitos.