Con carácter xeral, non. A maioría das axudas subvencionan bens novos. No caso de que unha convocatoria contemple subvencionar bens de segunda man, vai pedir unha declaración da persoa vendedora sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria e, ademais, unha certificación dun taxador independente onde conste que o prezo non sexa superior ao valor do mercado de referencia nin ao custo dos bens novos similares.