Que pasos sigo para migrar á nube?

Cada migración é diferente en función da madurez da aplicación, o nivel de complexidade da infraestrutura e o nivel de competencias do equipo de TI.

Como unha guía xeral, cada migración incluirá dalgunha forma os seguintes catro pasos que se comentan a continuación (seguir estes pasos é importante para evitar tomar decisións incorrectas en canto á tecnoloxía e a metodoloxía ou atoparse con sorpresas durante o proceso de migración):

  • Paso 1: Planificar e avaliar.
  • Paso 2: Deseñar.
  • Paso 3: Poñer a proba a migración.
  • Paso 4: Migrar.

Se buscas asesoramento gratuíto neste aspecto, podes solicitalo a través do Igape Responde. 

 

Categorías: Coñecemento.