Que é un Punto de Atención ao Emprendedor (PAE)?

Cando imos por en marcha unha actividade ou iniciativa empresarial, un dos primeiros pasos formais en moitas ocasións, é a constitución dunha sociedade ou a alta de autónoma/o. Para poder realizar esta alta da forma máis áxil e económica posible existen os denominados Puntos de Atención ao Emprendedor (Puntos PAE), e as oficinas do Igape tamén son puntos PAE.

Os Puntos de Atención ao Emprendedor (PAE) son portelos únicos electrónicos ou presenciais, a través dos que se poden realizar trámites para o inicio, exercicio e cesamento da actividade empresarial.

Os PAE encárganse de facilitar a creación de novas empresas, o inicio efectivo da súa actividade e o seu desenvolvemento, a través da prestación de servizos de información, tramitación de documentación, asesoramento, formación e apoio ao financiamento empresarial.

Se tes dúbidas, atendemos a túa consulta a través do formulario do Igape Responde.  

Categorías: Coñecemento.