O mapa de empatía é un recurso que pon ao teu cliente ideal no centro, para axudarche a pensar e sentir como el. É unha ferramenta importante para acertar co perfil do teu cliente ideal, deixar de pensar no que ti cres, sentes ou fas/farías, e porte realmente na súa pel.
A que lle da importancia o teu cliente, que inquietudes ten ou que lle preocupa? O teu cliente vive nunha contorna particular, ve e oe determinadas cousas, recibe ofertas doutras empresas e compórtase dunha maneira específica. Ademais, para resolver o seu problema ou necesidade, fai certos esforzos, e é posible que se enfronte a algunhas frustracións, medos ou obstáculos.
Deste xeito, o obxectivo do mapa de empatía é axudarche a coñecer todas estas cousas, para comprender ao teu cliente, establecer unha comunicación que realmente conecte coas súas necesidades, e ofrecerlle os produtos ou servizos que desexa. É dicir, permitirache conectar aquilo que ti ofreces co que o teu cliente anhela, quere ou necesita.
Se queres que che asesoramos, podes pedilo a través do formulario do Igape Responde.