É unha técnica que trata de aproveitar o almacenamento de datos de navegación do usuario que visitan a nosa web para amosar anuncios da nosa marca mentres navega por outras páxinas web.
A finalidade é dirixir esforzos hacia aqueles clientes que amosan interese nos nosos produtos e xa interactuaron coa nosa marca, creando impactos publicitarios co obxectivo de aumentar a taxa de conversión (transformación das visitas en vendas).
Se necesitas asesoramento neste ámbito de negocio, só tes que realizar a túa solicitude, sen custe, a través do formulario do Igape Responde.