A bolsa de denominacións (BdD) foi creada polo Rexistro Mercantil Central, dentro do proxecto xeral de favorecer o emprendemento en España, como un instrumento tendente a facilitar a constitución rápida de sociedades, ao amparo da Lei 14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización.
A finalidade desta bolsa é realizar unha consulta sobre un conxunto de 1.500 denominacións sociais dispoñibles de forma inmediata para ser asignadas á persoa interesada.
A bolsa de denominacións está integrada por 1.500 denominacións, creadas en base ao listado oficial de actividades económicas e reservadas dende o día da súa inclusión na bolsa de denominacións, o que acredita mediante a calificación rexistral, a súa non coincidencia con outra denominación preexistente e, polo tanto, a súa dispoñibilidade inmediata para a utilización por parte da persoa interesada.
Máis información na web do Rexistro Mercantil Central.