Entre a información que debemos ter en conta nos atopamos diferentes ámbitos a estudar:
- Perfil socio-económico:
- Información persoal: idade, sexo, estado civil, localización, estudos e inclusive o seu nivel tecnolóxico
- Emprego: profesión, horarios, vocación e condicións ideais de traballo.
- Intereses, necesidades e temores:
- Vida persoal: valores, gustos, medios sociais que emprega, fontes de información, gustos musicais, ou orientación política.
- Sentimentos: preocupacións, necesidades vitais, practicidade das súas decisións, percepcións ou concepto do éxito e o fracaso.
- Finanzas e compras: Se ten débedas ou é aforrador, hábitos de consumo, visión e importancia da marca e sitios nos que prefire mercar
- Negocio: se a nosa marca é recoñecida e a que nivel, se é anterior usuario ou cliente, beneficios e necesidades que lle aportan ou cobren os nosos produtos ou servizos.
Podes atopar máis información ampliada no artigo publicado na web de Igape Responde.