Power Automate serve para xestionar o ciclo dun proxecto ou hai outro programa máis flexible?

O Power Automate permite automatizar determinados procesos que son repetitivos e que non aportan valor.

No caso de que desexes ter un control do proxecto si existen outras ferramentas posibles, como por exemplo, Planner que ofrece a posibilidade de xestionar tarefas e traballos.

En realidade, Power Automate non é unha ferramenta de control.

Se tes máis dúbidas ou buscas asesoramento, podes contactar con nós a través do formulario do Igape Responde. 

Tamén tes dispoñible o vídeo da xornada virtual que celebramos sobre Power Automate.

Categorías: Coñecemento.