Podo solicitar axudas se xa comecei o meu proxecto?

Para sabelo, debemos revisar unha a unha as convocatorias das axudas que vaiamos solicitar. Nelas debemos buscar se a axuda ten o que se denomina efecto incentivador. No caso de que as bases reguladoras da axuda á que queremos optar contemplen este efecto incentivador, o noso proxecto non pode estar iniciado antes de que presentemos a solicitude. En caso contrario, todo o proxecto devirá non subvencionable, non só os gastos xa executados.

Categorías: Coñecemento.