Para mellorar a xestión do persoal, os portais d@ empregad@ son unha boa opción.
As propostas do mercado son moi amplias, tanto en custo, como en utilidades e automatizacións. Podes ter dende os portais máis sinxelos para a xestión documental laboral da empresa (nóminas, contratos, certificados de retencións) a portais que inclúen módulos de recursos humanos para a xestión e retención do talento, rexistro de xornada, vacacións, cadros de mando…
Algunhas das ventaxas que consegues cun portal d@ empregad@ son o aforro de tempo e espazo, a mellora da organización e da imaxe da empresa, a ventaxa do acceso a documentación por parte da empresa e empregados dende móbil, ordenador, tablet,…
Se buscas asesoramento gratuíto neste ámbito, podes solicitalo a través do Igape Responde.