O autofinanciamento mantense como principal alternativa para as pequenas e medianas empresas á hora de plantear o crecemento, posto que entre outras cuestións permite manter o control sobre as decisións da empresa, pero tamén presenta algúns inconvenientes que cabe ter en conta.
- Desventaxas para os socios da empresa: cando conduce a unha acumulación excesiva considerase contraria ó contrato da sociedade, posto que os socios poñen en común medios para obter os máximos beneficios e repartilos.
- Inconvenientes para a empresa
- Leva a realizar inversións pouco rentables ou meditadas
- Diminúe a rendabilidade da empresa
- Desventaxas xerais:
- Causa desequilibrios no reparto do investimento
- Oculta ou disimula a verdadeira importancia do beneficio do capital
Se necesitas asesoramento, sen custe, neste ámbito financeiro, só tes que solicitalo a través do formulario do Igape Responde.