Como se chaman os bens e dereitos da miña empresa e como se diferencian en canto ao prazo no que se converten en liquidez?

Os bens e dereitos da empresa denomínanse Activos e clasifícanse en Activos Non Correntes, son os que van permanecer na empresa máis aló do exercicio contable e, por outra parte, están os Activos Correntes que son os que se van facer líquidos en menos dun ano.

Se o teu negocio necesita apoio neste ámbito, podes solicitalo, sen custe, no formulario do Igape Responde. 

Categorías: Coñecemento.