Como pasar dun ERTE de limitación a outro de impedimento ou viceversa?

Unha vez que a empresa ten unha resolución estimatoria nun ERTE de forza maior por impedimento á actividade, permítese, sen necesidade de tramitar outro novo expediente, pasar a aplicar as medidas correspondentes á situación de limitacións ao desenvolvemento normalizado da actividade, e viceversa, sen prexuízo das obrigas de comunicación e as porcentaxes de exoneración que correspondan en cada caso.

Se necesitas asesoramento sen custe, podes solicitalo a través do Igape Responde.

Categorías: Coñecemento.