Como evito unha situación de insolvencia ao inicio do meu proxecto empresarial?

O máis importante é que te preocupes de facer efectivo canto antes os teus dereitos de cobranza fronte aos teus clientes.

Tamén cómpre que amplíes o teu aprazamento de pagos fronte aos teus acredores; deste xeito podes ter unha liquidez excedentaria que che vai permitir afrontar con certas garantías as túas futuras obrigacións financeiras e, polo tanto, non incorrer en tensións de tesourería.

Necesitas un apoio neste aspecto? podes solicitar o asesoramento gratuíto e en liña do Igape Responde.

Categorías: Coñecemento.