Como é o funcionamento de Google Analytics?

Primeiramente, deberemos incluír un código javascript en tódalas páxinas que queremos analizar da nosa web (incluso é mais sinxelo se traballamos en plataformas tipo wordpress, nas que só deberemos engadir un widget).

Unha vez “instalado” na nosa web, a ferramenta fará o resto: cando o usuario accede á nosa web, o código cargarase nas cookies do seu navegador que rexistran información diversa sobre o comportamento do visitante na nosa web.

Estes datos, almacénanse nun servidor de Google e trasladaranse ó noso panel de control, onde a ferramenta encargarase de devolvelos en forma de informes e estadísticas para traballar e analizar o que precisemos.

Podes ampliar información neste artigo. 

Categorías: Coñecemento.