Un “nome de dominio”, a miúdo usado como sinónimo de dominio, é a dirección que se utiliza para visitar un sitio web. É o que vén despois da “@” nunha dirección de correo electrónico ou despois de “www.” nunha dirección web.
Por outra banda, existen multitude de extensións para os dominios: .es, .com, .gal, .eu, .net, Cal elixir? A resposta é difícil xa que depende sobre todo da empresa e de diversos factores, como o factor prezo e o factor mercado ao que te vas a dirixir.
Se quere contratar un nome de dominio .ES pode facelo neste enlace e rexistralo cun dos axentes autorizados dispoñibles (existen moitos).
O custe de contratalo é moi baixo (dende gratis ou 1,00 € ata 18,00 €) e despois a renovación do mesmo é anual (cun custe que varía dende os 6,99 €/ano ata os preto de 20,00 €/ano).
Se necesitas asesoramento neste sentido, podes solicitalo a través do formulario do Igape Responde.