A presenza dixital dunha empresa é un aspecto importante. Para dispoñer dunha páxina web debemos ter un dominio e un hosting. Para a elección do hosting debemos ter en conta polo menos estes aspectos:
Espazo dispoñible: Esta é, sen lugar a dúbida, unha das principais claves que debemos ter en conta á hora de seleccionar o mellor aloxamento web, sobre todo en caso de servidores compartidos. En función do tamaño do proxecto e do volume de tráfico web necesitarás un determinado espazo ou outro.
Servizo técnico: debería ser persoal e, ademais, estar dispoñible as 24 horas do día, os 365 días do ano.
Copias de seguridade: Aínda que non hai ningún método 100% infalible para protexer o noso sitio web, si existen distintas ferramentas para minimizar as perdas, como as copias de seguridade periódicas.
Dominio e subdominio: a dispoñibilidade tanto de dominios como de subdominios dispoñibles no servizo. Isto é moi importante se por exemplo vas abrir unha tenda en liña vinculada á web do negocio.
Panel de control: E, por último, tes que valorar se o panel de control que che ofrece o servizo de aloxamento web é rápido e fácil de manexar. Debes comprobar se realmente é intuitivo e se che vai a permitir unha xestión máis eficiente e áxil.
Para coñecer con maior detalle estes aspectos consulte o seguinte artigo.