Cales son as dimensións e formatos máis adecuados para publicar unha imaxe en Instagram e Facebook?

As fotos non poden pesar máis de 8Mb e o tamaño mínimo recomendado é de 200 (ancho) x 200 (altura) píxeles. Se se visualizan en dispositivos de alta resolución, a recomendación é que teñan un mínimo de 1200 x 630 píxeles.

Deberás ter en conta que a proporción da imaxe sexa dunha relación 1,91:1 para asegurarte de que non se centra e recorta automaticamente.

Se buscas asesoramento gratuíto e en liña neste aspecto, podes solicitalo a través do noso formulario. 

Categorías: Coñecemento.