Hai moitas plataformas de reunión. As que son de Microsoft, como é o caso de Teams, son as máis empregadas, polo tanto, hai máis xente que ten acceso a elas. Con todo, Zoom tamén se emprega moito. Non se pode dicir que unha sexa mellor que a outra.
É certo que nun primeiro momento, se falou de que Zoom ofrecía certos problemas de seguridade, polo tanto, para reunións de empresa non se recomendaba; pero todos eses problemas están subsanados.
Se necesitas asesoramento sen custe neste aspecto, só tes que cubrir o formulario do Igape Responde.