Asinei un pacto de teletraballo cos empregados. Podo facer que volvan de xeito presencial se os necesito?

Haberá que guiarse polo que se indique no convenio colectivo. No caso de que non haxa nada ao respecto, ás cláusulas asinadas nese acordo de teletraballo.

IMPORTANTE:

-É necesario incluír unha cláusula de reversión no acordo de teletraballo para evitar problemas se hai que exercela

-No caso de incluír a devandita cláusula é necesario indicar os prazos de preaviso. Pódense mesmo establecer varios prazos de preaviso en función dos motivos que leven a reverter o acordo. Estes motivos pódense deber a diversas causas, entre elas, causas de forza maior, problemas de conexión na Internet no domicilio, baixa produtividade…

Categorías: Coñecemento.