As Sociedades de Garantía Recíproca, que son?

As Sociedades de Garantía  Recíproca, SGR, son entidades financeiras sen ánimo de lucro, suxeitas á supervisión e inspección do Banco de España. Posibilitan o acceso directo ao crédito en mellores condicións de prazo e de tipo de interese ás pemes e autónomos, conseguindo o financiamento para os seus proxectos.

As  SGR están constituídas por socios partícipes, pequenas e medianas empresas, pemes, que son as beneficiarias do seu aval, así como, por socios protectores que son institucións que achegan recursos á  SGR, mellorando a súa solvencia, sen dereito a solicitar garantías. En xeral, son Administracións Públicas, Cámaras de Comercio, Asociacións e Entidades de Crédito.

O obxectivo principal dunha  SGR é facilitar o acceso ao crédito e mellorar as condicións xerais de financiamento ás empresas socias, tamén cumpren os seguintes obxectivos:

  • Outorgar garantías e avais ás pemes.
  • Negociar liñas financeiras.
  • Canalizar e tramitar subvencións.
  • Información e asesoramento financeiro aos socios.
  • Formación financeira.

Tes máis dúbidas ao respecto? Solicita o teu asesoramento, sen custe, a través do formulario do Igape Responde.

Categorías: Coñecemento.