Son unha nova fonte de financiamento externo cuxa achega vai máis aló do propio investimento económico.
Son persoas (frecuentemente organizadas en redes) que titorizan un proxecto empresarial, co que se vinculan especialmente, e achegan diñeiro, pero tamén o seu tempo e o know-how adquirido no exercicio da súa profesión (experiencia, contactos, coñecementos, etc.).
Trátase dunha forma de financiamento moderno, con apoio público e moi de moda para emprendedores.
Se tes máis dúbidas, podes preguntarnos a través do Igape Responde.