Vantaxes económicas de formalizar avais en procesos de Licitación ou Concesión administrativa

O aval é unha cobertura financeira que se contrata ante a posibilidade de que se produzan danos patrimoniais por incumprimento das obrigacións legais ou contractuais. Polo tanto, a entidade financeira obrígase, no caso de que se produza o incumprimento, a indemnizar ao beneficiario da devandita garantía. Deste xeito, outorgase seguridade xurídica á transición comercial formalizada.

Este produto é moi habitual nos negocios nos que se licitan proxectos de obra ou servizos nos que un Contratista aspira a desenvolver unha actividade que proporcione bens ou servizos. A entidade receptora do servizo, coñecida como Promotor ou Contratante da concesión, espera que a actividade se desenvolva tal como se establece na proposta.

A contratación dun aval permítelle ao beneficiario, neste caso o Promotor, protexerse do correcto cumprimento das obrigacións que o Contratista asume trala sinatura da concesión. A suposta cobertura que asume a operación financeira, á súa vez, permite ao propio Contratista liberarse da obrigación de ter que inmobilizar unha porcentaxe do importe para aboar polo Promotor correspondente ao traballo realizado.

A formalización dos avais sempre vai acompañada da entrega de documentación referida ao Contratista, coa que se pretende demostrar a súa solvencia técnica, referida á execución dos traballos; e económica, para facer fronte ao proxecto.

A contratación deste produto financeiro permíte ao beneficiario eliminar as incertezas dos procesos de licitación ou concesión administrativa. Pola súa parte, ao Contratista sérvelle para determinar a súa capacidade técnica e financeira, e reforzar a imaxe de solvencia ante o Promotor do proxecto.

Os avais, ademais de garantir o cumprimento de parámetros contractuais establecidos en Licitacións e Concesións administrativas, tamén garanten outras operacións económicas. Entre elas, aseguran de xeito anticipado posibles entregas a conta en forma de afianzamentos, o pago de débedas fiscais ou aduaneiras en base ás responsabilidades económicas derivadas da disposición de mercadoría.

Se a túa empresa necesita asesoramento gratuíto neste ámbito, podes solicitalo a través do formulario do Igape Responde. 

 

 

 

Categorías: Artigos.