Manter a ciberseguridade no posto de traballo é esencial para protexer a información e evitar o acceso non autorizado aos sistemas da empresa.
A continuación, presentamos algunhas das mellores prácticas para manter a ciberseguridade no lugar de traballo:
- Manter contrasinais seguros: é fundamental empregar contrasinais robustos, únicos e, se é posible, cambialos periodicamente. Nunca compartas os teus contrasinais con ninguén.
- Manter actualizados os teus sistemas: asegúrate de que os teus sistemas operativos, software e aplicacións estean actualizados cos últimos parches e actualizacións de seguridade.
- Non facer clic en ligazóns sospeitosas: non premer en ligazóns sospeitosas nos correos electrónicos, mensaxes instantáneas ou en sitios web descoñecidos.
- Utilizar o sentido común: se algo parece sospeitoso, como un correo electrónico ou unha mensaxe inhabitual, probablemente o sexa. Confirma a súa autenticidade antes de actuar.
- Utilizar antivirus: instala software antivirus no teu computador e asegúrate de que se actualice automaticamente.
- Facer copias de seguridade: esta práctica ten que realizarse de forma periódica e programada dos datos importantes. Ademais as copias téñense que almacenar nun lugar seguro.
- Non utilizar dispositivos USB descoñecidos
- Identificar os correos electrónicos de phishing: é aconsellable aprender a identificar os correos electrónicos sospeitosos e evitar proporcionar información persoal ou financeira a través de correos electrónicos non solicitados.
- Configurar a privacidade nas redes sociais: e evite publicar información persoal ou sensible.
- Utilizar unha VPN: empregar unha VPN (rede privada virtual) para acceder a Internet desde lugares públicos ou redes non seguras, xa que desta forma cífranse os seus datos e protéxese dos piratas informáticos e a espionaxe.
Se necesitas asesoramento neste aspecto, podes contactar con nós a través do formulario.